Sede electrónica Concello de Pontedeume

10:58:51 Xoves 26 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de licenza de actividade

Será precisa a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica para (art. 41 Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia):

a) A apertura de establecementos abertos ao público cun aforo superior a 500 persoas, ou que presenten unha especial situación de risco, de conformidade co disposto na normativa técnica en vigor.
b) A instalación de terrazas ao aire libre ou na vía pública anexas ao establecemento aberto ao público.
c) A celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas de carácter extraordinario, sempre que requiran de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación.
d) A montaxe de instalacións para a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas e a celebración de espectáculos públicos e actividades recreativas que haxan de dispor de plan de autoprotección ou dun plan ou estudo específico segundo a normativa sectorial de aplicación.
e) A celebración dos espectáculos públicos e actividades recreativas que se desenvolvan en máis dun termo municipal da Comunidade Autónoma, conforme o procedemento que regulamentariamente se estableza.
f) A celebración dos espectáculos e festexos taurinos, que se rexerán pola súa normativa específica.
g) A apertura de establecementos abertos ao público e a celebración de espectáculos públicos ou actividades recreativas cuxa normativa específica esixa a concesión de licenza ou autorización

Con carácter xeral, a apertura dos establecementos abertos ao público en que se desenvolvan espectáculos públicos ou actividades recreativas e a organización de espectáculos públicos e actividades recreativas están sometidas ao réxime de declaración responsable.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o devandito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Solicitude de Licenza de Actividade.
  • No caso de actuar en representación, documento de autorización (modelo).
  • Proxecto e documentación técnica asinada por técnico competente que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación. O proxecto incluirá memoria descritiva, fotos interiores e exteriores do local, planos de superficies e distribución, planos de instalacións, xustificación da normativa de accesibilidade e de protección contra incendios, xustificación acústica, xustificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, xustificación de canta normativa técnica sexa de aplicación. Declaración expresa de que se cumpren todos os requisitos esixidos pola actual normativa para o exercicio da actividade e de que os locais e instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e demais previstas na normativa urbanística.
  • Plan de emerxencia, plan de autoprotección, memoria de mobilidade ou estudo de avaliación da mobilidade xerada, estudo de impacto acústico e dispositivo de asistencia sanitaria, redactados de conformidade coa normativa vixente, e sempre que os seus contidos non se incorporasen ao proxecto técnico a que fai referencia o apartado anterior.
  • Documentación requirida pola normativa sobre ruídos, quentamento, contaminación acústica, residuos e vibracións e, en todo caso, a que determine a normativa sobre prevención e control ambiental segundo corresponda en función das características do establecemento e das actividades a desenvolver neste.
  • De ser o caso, autorizacións ou informes sectoriais que sexan preceptivos, incluso autorización ou declaración ambiental, coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
  • En caso de proxecto sen visado colexial, declaración responsable ou certificación do técnico redactor no que figuren os datos persoais e profesionais e se acredite non estar inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Documento acreditativo asinado pola persoa interesada da designación da persoa física ou xurídica que ha de asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou actividade recreativa aos requisitos esixibles.
  • Declaración de nivel sonoro producido en cumprimento coa normativa acústica de aplicación e do Plan Xeral de Ordenación Municipal. De ser o caso, informe acústico.
  • De ser o caso, certificado de solidez e seguridade estrutural e certificado de antigüidade ou licencia de primeira ocupación.
  • No caso de realizar obras, achegarase comunicación previa de obra/ solicitude de licencia de obra (segundo proceda). Logo de rematada a obra, presentarase certificado emitido por técnico competente que acredite que as obras foron realizadas de conformidade ó comunicado/autorizado.
  • Título ou autorización de ocupación do local ou espazo destinado ao desenvolvemento da actividade (escritura compravenda, contrato arrendamento, etc..).
  • Copia de póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, e recibo de pago das primas do período en curso. No caso de actividade recreativas estarase o disposto na normativa de aplicación en canto aos capitais mínimos.
  • Xustificante bancario do pago da autoliquidación tributaria correspondentes.

O pago dos ditos tributos non implica o recoñecemento da adecuación á normativa urbanística da actuación. O ingreso deberá efectuarse en calquera dos números de conta das entidades financeiras que a continuación se detallan, facendo constar o concepto: TAXA LICENCIA DE ACTIVIDADE E DESCRICIÓN DA MESMA E LUGAR ONDE SE REALIZA:

  • Autoliquidación provisional da taxa regulada na Ordenanza fiscal nº nº 11 (BOP nº 235 do 12 de decembro de 2023):
    • Exercicio dunha actividade non desenvolvida nun establecemento concreto pero para a cual requiran dunha instalación. Non se entenden incluídas no feito impoñible desta taxa, as actividades de venda ambulante ou as actividades temporais: 719,80 euros por cada elemento.
    • Apertura de establecementos sometidas a autorización ambiental integrada: 762,50 euros.
    • Apertura de establecimientos sometidas la licenza:

      Nº CONTA:

      ABANCA       - ES69 2080 5164 1130 4000 2457

      CAIXABANK - ES08 2100 5486 5702 0002 9989

      Superficie

      Taxa (euros)

      0-100 m2

      451,40

      101-200 m2

      561,20

      201-500 m2

      1.018,70

      501-1.000 m2

      1.244,40

      1.001 – 2.000 m2

      1.805,60

      2.001 – 3.500 m2

      2.171,60

      3501-7500 m2

      2.671,80

      7.501 – 10.000 m2

      3.678,30

      Máis de 10.000 m2

      4.047,96

       

 

Nome: Solicitude de Licenza de Actividade.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persona física ou xurídica.

Órgano de resolución: Alcaldía.

Carácter do silencio administrativo: Silencio positivo.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/Impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.