Estas bases teñen por obxecto regular a convocatoria para a concesión de axudas destinadas á adquisición de material escolar (todo tipo de material agás libros de texto e dispositivos electrónicos), co fin de promover o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e compensar ás familias para facer fronte aos gastos derivados da escolarización dos seus fillas/os matriculadas/os nos cursos de segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO.
PRIMEIRA.- OBXECTO DA CONVOCATORIA.
1.- A igualdade de oportunidades ante o ensino é un dos retos principais que deben afrontar os poderes públicos para facer efectivo o dereito á educación. Unha das medidas fundamentais é o establecemento dun sistema de becas e axudas que posibiliten o acceso e continuidade nos estudos.
Constitúe o obxecto das presentes bases convocar axudas para a adquisición de material escolar (todo tipo de material agás os libros de texto e dispositivos eléctrónicos), destinadas ás familias que se atopen nunhas condicións socioeconómicas menos vantaxosas.
2.- O importe global máximo que o Concello destinará á concesión destas axudas será de 12.000,00 euros, con cargo a aplicación orzamentaria 326.48002, do orzamento do ano 2025.
3.- As axudas concedidas en virtude da presente ordenanza serán compatibles con calquera outra axuda que se poida percibir coa mesma finalidade doutras entidades públicas ou privadas, sempre que as axudas concorrentes non superen o custo do material escolar subvencionado.
SEGUNDA.- PERSOAS DESTINATARIAS DAS AXUDAS.
1.- Ós efectos destas bases, considerarase unidade familiar: os núcleos de convivencia formados polos pais/nais ou titores e os fillos/fillas menores de 18 anos, empadroados no Concello de Pontedeume e no mesmo domicilio, na data de publicación do extracto desta convocatoria.
No caso de divorcio, separación legal ou de feito dos proxenitores, non se considerará persoa computable aquela delas que non conviva cos fillos ou fillas.
Non obstante, se é o caso, terá a consideración de persoa computable o novo cónxuxe ou parella de feito, e as rendas incluiranse dentro do cómputo da renda familiar, agás nos casos de custodia compartida.
Nos supostos de custodia compartida incluiranse ambos proxenitores dentro do cómputo da renda familiar.
2.- Poderá optar a estas axudas o alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil, de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria, durante o curso escolar 2025 – 2026, pertencentes a unidades familiares empadroadas no Concello de Pontedeume.
3.- Para poder ser beneficiaria/o destas axudas, a persoa solicitante deberá estar empadroada no Concello de Pontedeume, cunha antigüidade mínima de dous anos (segundo o disposto no artigo 11 da Ordenanza xeral de subvencións do Concello de Pontedeume). Tódolas persoas integrantes da unidade familiar teñen que estar empadroadas no mesmo domicilio. Estes requisitos deberán cumprirse na data de publicación do extracto desta convocatoria.
4.- A unidade familiar non poderá superar o límite de ingresos anuais establecido na seguinte táboa. A efectos destas bases, teñen a consideración de ingresos, a suma da base impoñible xeral máis a base impoñible do aforro, do Imposto sobre a Renda das Personas Físicas do exercicio 2023, de tódolas persoas computables. Para as persoas non obrigadas a declarar, as bases impoñibles ás que se fai referencia, obteranse como resultado de aplicarlle ós datos que consten na Axencia Estatal de Administración Tributaria os criterios da lexislación do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas.
Número de persoas integrantes da unidade familiar |
Límite de renda anual familiar |
Unidade familiar de 2 persoas |
20.160,00€ (2,8 x IPREM) |
Unidade familiar de 3 persoas |
25.200,00€ (3,5 x IPREM) |
Unidade familiar de 4 persoas |
29.520,00€ (4,1 x IPREM) |
Unidade familiar de 5 persoas |
33.120,00€ (4,6 x IPREM) |
Unidade familiar de 6 persoas |
36.000,00€ (5,0 x IPREM) |
A partir da sexta persoa integrante da unidade familiar, engadiranse 2.160,00€ (0,3 x IPREM) por cada nova persoa computable.
As unidades familiares que superen o límite da renda anual non terán dereito á axuda.
5.- As solicitudes que cumpran os requisitos establecidos nos puntos anteriores, serán avaliadas segundo os criterios fixados na base cuarta. As axudas adxudicaranse por estrito orde de puntuación, ata esgotar a consignación orzamentaria dispoñible á que se fai referencia na base primeira. En caso de empate, o criterio de desempate será a menor renda per cápita.
Calquera persoa física que desexe solicitar esta axuda e este empadroado no Concello polo menos dous anos.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán este/s impreso/s normalizado/s a presentar.
Prazo de Presentación: do 21 de maio ao 10 do xuño de 2025.
Nome: Solicitude da concesión de axudas destinadas á adquisición de libros e material escolar 2025-26.
Inicio do procedemento: A Instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)
Presencial