O procedemento de "restaurar a legalidade urbanística" é usado como soporte na xestión de expedientes, para controlar a execución de obras sen permiso ou orde de execución, ou que non atendan ás condicións alí previstas.
Calquera persoa física ou xurídica que desexe denunciar unha infracción da legalidade urbanística. De oficio polo municipio ante o coñecemento dunha violación urbana.
Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
O pago dos ditos tributos non implica o recoñecemento da adecuación á normativa urbanística da obra que se pretende executar. O ingreso deberá efectuarse en calquera dos números de conta das entidades financeiras que a continuación se detallan, facendo constar os conceptos: TAXA LEGALIZACIÓN E DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN E LUGAR ONDE SE REALIZA, ICIO LEGALIZACIÓN E DESCRICIÓN DA ACTUACIÓN E LUGAR ONDE SE REALIZA:
Nº CONTA:
ABANCA -ES55 2080 0201 9031 1000 0076
SABADELL -ES60 0081 2248 1300 0100 2008
CAIXABANK -ES08 2100 5486 5702 0002 9989
Nome: Restaurar a legalidade urbanística.
Unidade tramitadora: Secretaría.
Inicio do procedemento: A Instancia de parte ou de oficio.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Órgano de resolución: Concellería delegada.
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Prazo de execución: 3 meses.
Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.
Taxas/Impostos: Non aplica.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.