Sede electrónica Concello de Pontedeume

18:53:56 Luns 30 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Licenza para a talla de árbores

O procedemento de "solicitude de licenza para a talla de árbores" regula a concesión, por parte do Concello, de autorización para proceder á talla de árbores nunha determinada localización xeográfica e por un tempo determinado.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de licenza para a talla de árbores.
  • Copia DNI/NIF do solicitante.
  • Relación dos vehículos adscritos á actividade, con indicación da marca, modelo, características de carrocería, matrícula e peso máximo autorizado.
  • Para responder o arranxo das deterioracións que se puidesen producir nos viarios ou na limpeza dos mesmos derivada da carga e depósito de madeira, o/os beneficiario/os da limpeza, deberán presentar fianza por calquera dos procedementos establecidos na lexislación vixente, de acordo coa seguinte tarifa: a) vehículos cun peso máximo autorizado de ata 16 TM: 1.130,00 €; b) vehículos cun peso máximo autorizado superior a 16 TM: 2.260,00 €
  • Autorización da Xunta de Galicia. Autorización para proceder á corta, expedida pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.
  • Plano de situación. Plano detallando a localización xeográfica onde se realizará a corta, e zonas de ocupación da vía pública, se fose necesaria.

Nome: Licenza para a talla de árbores.

Unidade tramitadora: Tesorería.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de execución: 3 meses

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.