Sede electrónica Concello de Pontedeume

01:53:35 Luns 14 de outubro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Declaración Responsable de Actividades Recreativas e Espectáculos Públicos

Con carácter xeral, a apertura dos establecementos abertos ao público en que se desenvolvan espectáculos públicos ou actividades recreativas e a organización de espectáculos públicos e actividades recreativas están sometidas ao réxime de declaración responsable.

No entanto, por razóns de interese xeral vinculadas á orde, seguridade e saúde públicas e protección do medio ambiente, esixirase a obtención de licenza municipal ou autorización autonómica nos supostos establecidos no art. 41 LEI 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de Declaración Responsable de Actividades Recreativas e Espectáculos Públicos
  • No caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o interesado coa autorización escrita dese último ou copia de poder para representalo (ver modelo). No caso de presentación online, non é necesario aportar o documento de identidade do presentador (nin do interesado no caso de utilizar un certificado electrónico de representación).
  • XERAL
    • Proxecto e documentación técnica asinada por técnico competente que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación. O proxecto incluirá memoria descritiva, fotos interiores e exteriores do local, planos de superficies e distribución, planos de instalacións, xustificación da normativa de accesibilidade e de protección contra incendios, xustificación acústica, xustificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, xustificación de canta normativa técnica sexa de aplicación. Declaración expresa de que se cumpren todos os requisitos esixidos pola actual normativa para o exercicio da actividade e de que os locais e instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e demais previstas na normativa urbanística.
    • De ser o caso, autorizacións ou informes sectoriais que sexan preceptivos, incluso autorización ou declaración ambiental, coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
    • Declaración responsable ou certificación do técnico redactor no que figuren os datos persoais e profesionais e se acredite non estar inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
    • Documento acreditativo asinado polo/a interesado/a de a designación da persoa física ou xurídica que ha de asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou actividade recreativa aos requisitos esixibles.
    • Declaración de nivel sonoro producido en cumprimento coa normativa acústica de aplicación e do Plan Xeral de Ordenación Municipal. De ser o caso, informe acústico.
    • No caso de realizar obras, achegarase comunicación previa de obra/ solicitude de licencia de obra (segundo proceda). Logo de rematada a obra, presentarase declaración responsable de inicio de actividade coa única indicación do titular da solicitude e referencia da comunicación previa de obra/licenza de obra solicitada. De ser o caso incluirase certificado de final de obra asinado por técnico competente.
    • No caso de montaxe de estruturas non permanentes desmontables:
      • Documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que ha de asumir a responsabilidade técnica da montaxe da instalación.
      • Marcado CE e a declaración CE de conformidade das instalacións que correspondan segundo as súas características e o certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede.
      • Calquera outra documentación que veña esixida pola normativa de aplicación.
    • Título ou autorización de ocupación do local ou espazo destinado ao desenvolvemento da actividade.
    • Copia de póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, e recibo de pago das primas do período en curso. No caso de actividade recreativas estarase o disposto na normativa de aplicación en canto aos capitais mínimos. 
  • Xustificante bancario do pago da autoliquidación tributaria correspondente.

O pago dos ditos tributos non implica o recoñecemento da adecuación á normativa urbanística da obra que se pretende executar. O ingreso deberá efectuarse en calquera dos números de conta das entidades financeiras que a continuación se detallan, facendo constar o concepto "TAXA DECLARACIÓN RESPONSABLE DE ACTIVIDADE E A SÚA DENOMINACIÓN”. Liquidación provisional da taxa regulada na Ordenanza fiscal nº 19 (BOP nº 75 de 20 de abril de 2012):
- Exercicio de unha actividade non desenrolada nun establecemento concreto pero para a cal requiran dunha instalación. Non se entenden incluídas no feito impoñible desta taxa, as actividades de venda ambulante ou as actividades temporais: 590,00 euros.
- Apertura de establecementos sometidas a autorización ambiental integrada: 625,00 euros.
- Apertura de establecementos sometidas a comunicación previa ou declaración responsable:

Superficie

Tasa (euros)

0-100m2

220,00

101-200m2

290,00

201-500m2

600,00

501-1.000m2

770,00

A partir de 1.000m2

1.080,00

Nº CUENTA:
ABANCA- ES69 2080 5164 1130 4000 2457
CAIXABANK -  ES08 2100 5486 5702 0002 9989

Nota informativa:
Aos efectos das responsabilidades a que houbera lugar, infórmase ao interesado que:
O/os autor/es da documentación presentada serán responsables de que as construcións/instalacións/usos se adapten ás esixencias da regulamentación ou normativa de aplicación, sen perxuízo da revisión municipal relativa á adecuación do acto pretendido ás previsións da lexislación e da ordenación territorial e urbanística de aplicación, así como ao planeamento vixente e a comprobación daquelas normas nas que expresamente se requira o control municipal. A documentación presentada para os actos de uso do chan suxeitos a ela implica a responsabilidade solidaria de quen promove as obras, de quen ostenta a propiedade dos terreos, ou os/as empresarios/as das obras, dos/as técnicos/as redactores/as do proxecto e directores/as das obras e da súa execución, respecto da conformidade das obras coa ordenación urbanística de aplicación e a súa adecuación ao proxecto presentado. A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achega ou incorpora á declaración responsable comporta, tras a audiencia da persoa interesada, a declaración de ineficacia da declaración efectuada e impide o exercicio do dereito ou da actividade afectada desde o momento en que se coñece, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.
A presente declaración responsable presentada cumprindo os requisitos habilita para o exercicio do ESPECTÁCULO PÚBLICO , dende a súa presentación, sen perxuizo das facultades de comprobación, control e inspección.
Aos efectos da verificación da declaración responsable, no prazo de 15 días hábiles desde a presentación no rexistro municipal da presente declaración o Concello poderá comunicarlle o resultado da verificación inicial da mesma sen prexuízo da verificación ou control posterior. Se a verificación é incorrecta non subsanable non terá eficacia a declaración e non poderá realizar a actividade; e se a verificación é incorrecta subsanable non poderá realizar a actividade ata que sexa subsanada a declaración coa documentación requirida.

Nome: Declaración Responsable de Actividades Recreativas e Espectáculos Públicos.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                    Presencial.