Sede electrónica Concello de Pontedeume

14:36:31 Xoves 21 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Comunicacion previa de obra de adecuación de local para actividade

Con carácter previo ao inicio da obra ou instalación que se destine especificamente a unha actividade, os/as interesados/as presentarán comunicación previa na cal poñerán en coñecemento da Administración Municipal os seus datos identificativos e achegarán a documentación acreditativa dos requisitos esixibles para o inicio da obra ou instalación.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio das obras, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
Logo de rematar a obra, presentarase comunicación previa para o inicio da actividade.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende está páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Comunicación Previa de Obra de adecuación de local para actividade.
  • No caso de actuar en representación, documento de autorización (modelo).
  • Memoria das obras (Obxecto, uso e finalidade, situación das obras dentro da edificación ou da parcela, dimensións, medidas, materiais e acabados a utilizar, etc.…). Incluirase plano de situación da obra (plano de catastro, cartografía, sixpac ou similar); fotografías do lugar da actuación da parcela e do contorno e orzamento detallado e desglosado.
  • No seu caso, proxecto técnico esixible legalmente e declaración do/s técnico/s que autoricen o proxecto de que cumpre en tódolos extremos coa ordenación urbanística de aplicación, e datos do profesional de xeito que permita a súa identificación. De ser o caso, nomeamento da dirección facultativa, subscrito por técnicos competentes. Nomeamento do coordinador de seguridade e saúde. Incluirase declaración responsable ou certificación do técnico redactor no que figuren os datos persoais e profesionais e se acredite non estar inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • De ser o caso, autorización ou ditame ambiental, informes sectoriais ou outras autorizacións ou concesións administrativas que sexan legal ou regulamentariamente esixibles, tramitables polo interesado. De ser o caso, concesións administrativas cando sexa legalmente esixible o solicitante.
  • Respecto a ACTIVIDADE, deberase presentar:
    • Datos identificativos da persoa física ou xurídica titular da actividade ou do establecemento e, no seu caso, de quen a represente, así como unha dirección a efectos de notificacións.
    • Memoria explicativa da actividade que se pretenda realizar, no seu caso, subscrita por técnico competente, que detalle os aspectos básicos da mesma, a súa localización e o establecemento ou establecementos onde se vai a desenvolver, aforo máximo, e manifestación expresa do cumprimento de todos os requisitos técnicos e administrativos. Indicarase data prevista de apertura do establecemento ou do inicio da espectáculo ou actividade.
    • Manifestación expresa da persoa titular da actividade ou do establecemento, no seu caso, subscrita por técnico competente, de que se cumpren todos os requisitos para o exercicio da actividade e de que o establecemento reúne as condicións de seguridade, salubridade e as demais previstas no plan urbanístico.
    • A póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, previsto na normativa en materia de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, e o recibo de pago das primas correspondentes ao período do seguro en curso ou copia dos mesmos.
    • O documento acreditativo da dispoñibilidade do establecemento ou espazo aberto ao público en calidade de propietarios/ as ou arrendatarios/ as ou en virtude de calquera outro título xurídico.
    • O documento acreditativo asinado polo/a interesado/a de a designación da persoa física ou xurídica que ha de asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou actividade recreativa aos requisitos esixibles.
  • Respecto a MONTAXE DE ESTRUTURAS NON PERMANENTES DESMONTABLES, aportarase a seguinte documentación:
    • O documento acreditativo da designación, por quen presente a declaración, da persoa física ou xurídica que ha de asumir a responsabilidade técnica da montaxe da instalación.
    • A marcado CE e a declaración CE de conformidade das instalacións que correspondan segundo as súas características e o certificado da instalación de baixa tensión de conexión coa rede.
  • Xustificante bancario do pago da autoliquidación tributaria correspondente.

O pago dos ditos tributos non implica o recoñecemento da adecuación á normativa urbanística da obra que se pretende executar. O ingreso deberá efectuarse en calquera dos números de conta das entidades financeiras que a continuación se detallan, facendo constar os conceptos: TAXA COMUNICACIÓN PREVIA DE OBRA E DESCRICIÓN DA OBRA E LUGAR ONDE SE REALIZA, ICIO COMUNICACIÓN PREVIA DE OBRA E DESCRICIÓN DA OBRA E LUGAR ONDE SE REALIZA:

  • Autoliquidación provisional do ICIO (Ordenanza fiscal nº 17): 3% do coste real e efectivo da obra.
  • Autoliquidación provisional da taxa (Ordenanza fiscal nº 16): 1% do coste real e efectivo da obra.

        Nº CONTA:
        ABANCA- ES69 2080 5164 1130 4000 2457
        CAIXABANK -ES08 2100 5486 5702 0002 9989

Nome: Comunicación Previa de Obra de Adecuación de Local para Actividade.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.