Quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza (están suxeitos a licenza os actos que requiren proxecto de edificación e outros supostos) e, en todo caso, os que así se establezan nas leis. Quen promova actos de uso do solo e do subsolo comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
(Art. 142.3 e 146 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).
Calquera persoa física ou xurídica que desexe comunicar o inicio dunha obra.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende está páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
NOTA: A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.
Nota informativa:
Aos efectos das responsabilidades a que houbera lugar, infórmase ao interesado que:
O/os autor/es da documentación presentada serán responsables de que as construcións/instalacións/usos se adapten ás esixencias da regulamentación ou normativa de aplicación, sen perxuízo da revisión municipal relativa á adecuación do acto pretendido ás previsións da lexislación e da ordenación territorial e urbanística de aplicación, así como ao planeamento vixente e a comprobación daquelas normas nas que expresamente se requira o control municipal. A documentación presentada para os actos de uso do chan suxeitos a ela implica a responsabilidade solidaria de quen promove as obras, de quen ostenta a propiedade dos terreos, ou os/as empresarios/as das obras, dos/as técnicos/as redactores/as do proxecto e directores/as das obras e da súa execución, respecto da conformidade das obras coa ordenación urbanística de aplicación e a súa adecuación ao proxecto presentado. A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achega ou incorpora á comunicación previa comporta, tras a audiencia da persoa interesada, a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide o exercicio do dereito ou da actividade afectada desde o momento en que se coñece, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.
A presente comunicación previa, presentada cumprindo os requisitos, habilita para a execución da obra no prazo de 15 días hábiles desde a presentación no rexistro municipal da presente comunicación, sen perxuizo das facultades de comprobación, control e inspección.
Aos efectos da verificación da comunicación previa, no prazo de 15 días hábiles desde a presentación no rexistro municipal da presente comunicación previa o Concello poderá comunicarlle o resultado da verificación inicial da mesma sen prexuízo da verificación ou control posterior. Se a verificación é incorrecta non subsanable non terá eficacia a súa comunicación e non poderá realizar a obra; e se a verificación é incorrecta subsanable non poderá realizar a obra ata que sexa subsanada a comunicación coa documentación requirida.
Nome: Comunicación Previa de Obra.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica
Taxas/impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.