Sede electrónica Concello de Pontedeume

04:16:08 Mércores 27 de setembro 2023
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de inicio ou modificación de actividade

A Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade presentada cumprindo con todos os requisitos constitúe un acto xurídico que, de acordo con a lei, habilita para o inicio da actividade ou a apertura do establecemento e faculta a Administración pública para verificar a conformidade dos datos que se conteñen nela.

Deberá especificar si non foron necesarias obras ou se finalizaron as previamente autorizadas ou comunicadas co fin de poñer en marcha unha nova actividade (ou co de modificar substancialmente unha actividade previamente autorizada/declarada/comunicada).

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.
  • No caso de actuar en representación, documento de autorización (modelo).
  • Proxecto e documentación técnica asinada por o persoal técnico competente que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación. O proxecto incluirá memoria descritiva, fotos interiores e exteriores do local, planos de superficies e distribución, planos de instalacións, xustificación da normativa de accesibilidade e de protección contra incendios, xustificación acústica, xustificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, xustificación de canta normativa técnica sexa de aplicación. Declaración expresa de que se cumpren todos os requisitos esixidos pola actual normativa para o exercicio da actividade e de que os locais e instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e demais previstas na normativa urbanística.Proxecto e documentación técnica asinada por técnico competente que resulte esixible segundo a natureza da actividade ou instalación. O proxecto incluirá memoria descritiva, fotos interiores e exteriores do local, planos de superficies e distribución, planos de instalacións, xustificación da normativa de accesibilidade e de protección contra incendios, xustificación acústica, xustificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, xustificación de canta normativa técnica sexa de aplicación. Declaración expresa de que se cumpren todos os requisitos esixidos pola actual normativa para o exercicio da actividade e de que os locais e instalacións reúnen as condicións de seguridade, salubridade e demais previstas na normativa urbanística.
  • De ser o caso, autorizacións ou informes sectoriais que sexan preceptivos, incluso autorización ou declaración ambiental, coa manifestación expresa de que se conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
  • Declaración responsable ou certificación do persoal técnico redactor no que figuren os datos persoais e profesionais e se acredite non estar inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Documento acreditativo asinado pola persoa interesada de a designación da persoa física ou xurídica que ha de asumir a responsabilidade técnica da execución do proxecto e que debe expedir a certificación que acredite a adecuación do espectáculo público ou actividade recreativa aos requisitos esixibles.
  • Declaración de nivel sonoro producido en cumprimento coa normativa acústica de aplicación e do Plan Xeral de Ordenación Municipal. De ser o caso, informe acústico.
  • De ser o caso, licencia de primeira ocupación ou certificado de solidez e seguridade estrutural e certificado de antigüidade.
  • No caso de realizar obras, achegarase comunicación previa de obra/ solicitude de licencia de obra (segundo proceda). Logo de rematada a obra, presentarase comunicación previa de inicio de actividade coa única indicación do titular da solicitude e referencia da comunicación previa de obra/licenza de obra solicitada. De ser o caso, incluirase certificado de final de obra asinado por persoal técnico competente.
  • Título ou autorización de ocupación do local ou espazo destinado ao desenvolvemento da actividade (escritura compravenda, contrato arrendamento, etc..).
  • Copia de póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, e recibo de pago das primas do período en curso.
  • Xustificante bancario do pago da autoliquidación tributaria correspondente.

O pago dos ditos tributos non implica o recoñecemento da adecuación á normativa urbanística da actuación. O ingreso deberá efectuarse en calquera dos números de conta das entidades financeiras que a continuación se detallan, facendo constar o concepto: TAXA COMUNICACIÓN PREVIA DE ACTIVIDADE E DESCRICIÓN DA MESMA E LUGAR ONDE SE REALIZA:
Autoliquidación provisional da taxa regulada na Ordenanza fiscal nº 19 (BOP nº 75 de 20 de abril de 2012):

  • Exercicio de unha actividade non desenvolvida nun establecemento concreto pero para a cal requiran dunha instalación. Non se entenden incluídas no feito impoñible desta taxa, as actividades de venda ambulante ou as actividades temporais: 590,00 euros por cada elemento instalado.
  • Apertura de establecementos sometidas a autorización ambiental integrada: 625,00 euros.
  • Apertura de establecementos sometidas a comunicación previa ou declaración responsable:

Nº CONTA:

ABANCA -ES55 2080 0201 9031 1000 0076

SABADELL -ES60 0081 2248 1300 0100 2008

CAIXABANK -ES08 2100 5486 5702 0002 9989

Superficie

Taxa (euros)

0-100m2

220,00

101-200m2

290,00

201-500m2

600,00

501-1.000m2

770,00

A partir de 1.000m2

1.080,00

 

Nota informativa: Aos efectos das responsabilidades a que houbera lugar, infórmase ao interesado que:O/os autor/es da documentación presentada serán responsables de que as construcións/instalacións/usos se adapten ás esixencias da regulamentación ou normativa de aplicación, sen perxuízo da revisión municipal relativa á adecuación do acto pretendido ás previsións da lexislación e da ordenación territorial e urbanística de aplicación, así como ao planeamento vixente e a comprobación daquelas normas nas que expresamente se requira o control municipal. A documentación presentada para os actos de uso do chan suxeitos a ela implica a responsabilidade solidaria de quen promove as obras, de quen ostenta a propiedade dos terreos, ou os/as empresarios/as das obras, dos/as técnicos/as redactores/as do proxecto e directores/as das obras e da súa execución, respecto da conformidade das obras coa ordenación urbanística de aplicación e a súa adecuación ao proxecto presentado. A inexactitude, falsidade ou omisión, de carácter esencial, en calquera dato, manifestación ou documento que se achega ou incorpora á comunicación previa comporta, tras a audiencia da persoa interesada, a declaración de ineficacia da comunicación efectuada e impide o exercicio do dereito ou da actividade afectada desde o momento en que se coñece, sen prexuízo das sancións que proceda impoñer por tales feitos.

A presente comunicación previa presentada cumprindo os requisitos habilita para o exercicio da actividade, dende a súa presentación, sen perxuizo das facultades de comprobación, control e inspección.

Aos efectos da verificación da comunicación previa, no prazo de 15 días hábiles desde a presentación no rexistro municipal da presente comunicación previa o Concello poderá comunicarlle o resultado da verificación inicial da mesma sen prexuízo da verificación ou control posterior. Se a verificación é incorrecta non subsanable non terá eficacia a súa comunicación e non poderá realizar a actividade; e se a verificación é incorrecta subsanable non poderá realizar a actividade ata que sexa subsanada a comunicación coa documentación requirida.

Nome: Comunicación Previa de Inicio ou Modificación de Actividade.

Unidade tramitadora:
Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Taxas/Impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.