Sede electrónica Concello de Pontedeume

21:10:28 Domingo 22 de maio 2022
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude Alta/Baixa/Modificación da taxa de Lixo

Permite presentar electronicamente unha solicitude de alta, modificación e baixa na taxa do lixo.

Información adicional

  • Os cambios de titularidade só poderán realizarse a nome do propietario da vivenda ou local.
  • O titular anterior é o titular que consta no recibo e o novo titular é o novo propietario do inmoble que solicita a modificación do Padrón.
  • O alta realizarase no caso de primeira inscrición do inmoble no Padrón correspondente.
  • A baixa do ben inmoble no padrón de lixo (vivenda ou local comercial) só poderá facerse no caso xustificado de que o inmoble non sexa susceptible de ser habitado (ruína).
  • A modificación do titular poderán facerse:
    • Por cambio de titularidade na propiedade do inmoble: contrato de compravenda ou herdanza.
    • No caso de aluguer tanto por novo contrato como por cesamento do mesmo chan poderá modificarse para dar de alta ao propietario do inmoble.
  • Será suxeito pasivo da taxa quen sexa propietario do inmoble a 1 de xaneiro de cada ano.
  • Os padróns anuais da taxa pola recollida de lixo serán confeccionados no Concello de Pontedeume, polo que deberán tramitarse ante o mesmo toda solicitude de alta, baixa e modificación censal, así como tamén as exencións previstas no caso da taxa por recollida de lixo.
  • A cobranza será levada a cabo pola Deputación da Coruña polo que as ordes de domiciliación deberán ser presentadas ante ese organismo, así como calquera outra xestión relacionada que a cobranza das mesmas.

Calquera persoa física ou xurídica.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Si o interesado non utiliza a vía telemática poderá descargarse o/os impreso/s desde esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán este/s impreso/s normalizado/s a presentar.

  • Solicitude de Alta/Baixa/Modificación da Taxa de Lixo.
  • Copia do NIF/CIF do titular (non necesario se a solicitude é telemática en nome propio).
  • No caso de actuar en representación, documento de autorización (modelo).
  • Escritura de compra venda do inmoble ou contrato de aluguer.
  • Testamento, últimas vontades, certificado de defunción do titular e título de propiedade no caso de herdanza.
  • Alta/baixa/modificación censal do imposto sobre actividades económicas.

Nome: Solicitude Alta/Baixa/Modificación da taxa de Lixo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite)

                                      Presencial