Sede electrónica Concello de Pontedeume

22:04:09 Domingo 22 de maio 2022
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de licenza de edificación

A Solicitude de Licenza de Edificación deberá presentarse para os seguintes actos de uso do solo e do subsolo:

  • Os actos de edificación e uso do solo e do subsolo que, consonte a normativa xeral de ordenación da edificación, precisen de proxecto de obras de edificación.
  • As intervencións en edificios declarados bens de interese cultural ou catalogados polas súas singulares características ou valores culturais, históricos, artísticos, arquitectónicos ou paisaxísticos.
  • A localización de casas prefabricadas, piscinas e instalacións similares, xa sexan provisionais ou permanentes.

(Art. 142.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Solicitude de licenza de edificación.
  • En el caso de actuar en representación, documento de autorización (modelo).
  • Proxecto técnico completo redactado por técnico competente, nos termos que determina a normativa de edificación, urbanística e sectorial vixente en relación coas características e alcance das obras solicitadas. O proxecto contará co visado colexial correspondente nos supostos establecidos polo R.D. 1000/2010, de 5 de agosto, sobre visado colexial obrigatorio.
  • En caso de proxecto sen visado colexial, declaración responsable ou certificación do técnico redactor no que figuren os datos persoais e profesionais e se acredite non estar inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • Documentación acreditativa da titularidade e extensión da finca (certificado catastral, escritura de propiedade e nota simple do rexistro da propiedade).
  • Reportaxe fotográfica do emprazamento das obras, da parcela, das edificacións existentes na parcela e/ou das edificacións colindantes e do contorno próximo.
  • Autorización ou declaración ambiental/paisaxística que proceda.
  • Autorizacións e informes sectoriais preceptivos, xunto coa manifestación expresa de que conta cos permisos necesarios.
  • De ser o caso, documento de cesión de terreo necesario para a apertura ou regularización do viario.
  • De ser o caso, documento de compromiso de conexión cos servizos existentes.
  • De ser o caso de ampliación, reforma, acondicionamentos ou obras análogas en edificacións existentes, presentarase copia da licenza de primeira ocupación, instalación, apertura u obras da edificación existente, ou ben certificado de antigüidade e resistencia estrutural.
  • Oficio de dirección de obra e dirección de execución de obra subscrito por técnico competente. Cando ambos nomeamentos recaian no mesmo técnico, deberá constar así no oficio de dirección. Nomeamento do coordinador de seguridade e saúde.
  • Xustificante bancario do pago da autoliquidación tributaria correspondente. O pago dos ditos tributos non implica o recoñecemento da adecuación á normativa urbanística da obra que se pretende executar.
  • Xustificante de pago de taxas segundo a/as ordenanza/s vixente/s.

O pago de estes tributos non implica o recoñecemento da adecuación á normativa urbanística da obra que se pretende executar. O ingreso deberá efectuarse en calquera dos números de conta das entidades financeiras que a continuación se detallan, facendo constar os conceptos: TAXA LICENZA DE OBRA E DESCRICIÓN DA OBRA E LUGAR ONDE SE REALIZA, ICIO LICENZA DE OBRA E DESCRICIÓN DE OBRA E LUGAR ONDE SE REALIZA:

  • Autoliquidación provisional do ICIO conforme a Ordenanza fiscal nº 17: 3% do custo real e efectivo da obra.
  • Autoliquidación provisional da taxa regulada na Ordenanza fiscal nº 16: 1% do custo real e efectivo da obra.

        Nº CONTA:
        ABANCA -       ES55 2080 0201 9031 1000 0076
        SABADELL -    ES60 0081 2248 1300 0100 2008
        CAIXABANK -  ES08 2100 5486 5702 0002 9989

Nome: Solicitude de Licenza de Edificación.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución: Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo: Silencio negativo.

Prazo de execución: 3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso administrativo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.