Sede electrónica Concello de Pontedeume

04:59:22 Luns 6 de abril 2020
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de alta e modificacións padronais

O procedemento "solicitude de alta e modificacións padronais" regula a inscrición dunha persoa no padrón municipal de habitantes, así como as sucesivas modificacións dos seus datos.

Calquera persoa física que desexe realizar unha alta ou modificación de datos no padrón de habitantes do municipio.

Preferentemente de forma telemática a través do botón “Iniciar trámite”. Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito/s impreso normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de alta e modificacións padronais. Folla de instruccións.
  • Fotocopia do DNI/NIF/NIE.
  • Fotocopia da titulación académica.
  • Xustificante da propiedade/arrendamento do inmoble. Copia da escritura de propiedade / contrato de arrendamento do inmoble no que se solicita o empadroamento.
  • Documentación acreditativa do parentesco/representación. No caso de menores de idade, aportar copia do libro de familia para xustificar a relación de parentesco.
  • Recibo do I.B.I. Copia do último recibo pagado do Impuesto sobre Bens Inmobles.
  • Autorización do empadroamento. No caso de querer formalizar o empadroamento na vivenda allea, o propietario da mesma, debe autorizar dito empadroamento.

No caso de menores de edad, haberá que aportar Libro de Familia, DNI (Pasaporte ou tarxeta de residencia permanente no caso de extranxeiros) dos dous proxenitores , asinando os dous a solicitude de alta/modificación ou ben aportar autorización de empadroamento por parte dun proxenitor ao outro, excepto se se trata de familia monoparental, separada/divorciada, neste último caso deberase acreditar a garda e custodia do menor.

Nome: Solicitude de alta e modificacións padronais.

Unidade tramitadora:
Secretaría.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Prazo de ejecución:
3 meses.

Recurso aplicable: Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos: Non aplica.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                 Presencial.