Sede electrónica Concello de Pontedeume

13:14:17 Venres 28 de xaneiro 2022
Estás en:

Detalle trámite

Licenza de primeira ocupación de edificios

A licenza de primeira ocupación acredita que as novas edificacións, unifamiliares ou colectivas, cumpren os requisitos: a) o edificio ou, no seu caso, a urbanización da contorna, realizáronse conforme o proxecto técnico e a licenza concedida; b) reúne as condicións esixidas de seguridade, salubridade e ornamento público; c) o construtor repuxo os elementos e equipamentos urbanísticos que resultaron danados.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Solicitude de licenza de primeira ocupación de edificios.
  • No caso de actuar en representación, documento de autorización (modelo).
  • Copia da licenza de obras.
  • Acta de replanteo.
  • Certificado final de obra expedido polo/s técnico/s director/es da obra, que incluirá: certificado visado polo correspondente colexio profesional; orzamento final de obra; fotografías exteriores do edificio rematado, incluíndo todas as fachadas e medianeiras; de ser o caso planos modificados do estado final do edificio; de ser o caso, certificado de final de obras da urbanización.
  • Liquidación final de obra executada (detallada) asinado por técnicos competentes.
  • Certificación das empresas subministradoras de servizos acreditativos da idoneidade das acometidas.
  • Certificado de eficiencia enerxética de edificio terminado (para licenzas urbanísticas solicitadas con data posterior a 05/09/2009).
  • Documentación xustificativa do cumprimento da normativa reguladora de instalacións de baixa tensión.
  • Xustificante de solicitude de alta no Imposto sobre Bens Inmobles
  • De ser o caso, informe resultante dun preceptivo control arqueolóxico.
  • De ser o caso, licenza e documentación relativa ao depósito de combustible/instalación de gas.
  • De ser o caso, boletín da instalación de ascensor/montacargas.
  • Xustificante bancario do pago da autoliquidación tributaria correspondente.

O pago dos ditos tributos non implica o recoñecemento da adecuación á normativa urbanística da actuación. O ingreso deberá efectuarse en calquera dos números de conta das entidades financeiras que a continuación se detallan, facendo constar o concepto: TAXA LICENCIA PRIMEIRA OCUPACIÓN E DESCRICIÓN DA OBRA E LUGAR ONDE SE REALIZA:

  • Autoliquidación provisional da taxa regulada na Ordenanza fiscal nº 16: 1% do coste real e efectivo da obra.
    Nº CONTA:
    ABANCA -ES55 2080 0201 9031 1000 0076
    SABADELL -ES60 0081 2248 1300 0100 2008
    CAIXABANK -ES08 2100 5486 5702 0002 9989

 

DOCUMENTACIÓN PARA VIVENDA COLECTIVA/OUTROS (completando a documentación anterior):

  • Boletín da instalación eléctrica dos servizos comúns e garaxes, selado pola Delegación Provincial de Industria. Documentación xustificativa do cumprimento da normativa reguladora de instalacións de protección contra incendios. Certificado de homologación que acredite a resistencia ao lume das portas RF, expedido por un laboratorio homologado.
  • Documentación xustificativa do cumprimento da normativa de protección acústica e da Ordenanza municipal reguladora de emisión de ruídos e vibracións. Certificación expedido por empresa homologada acreditativo do cumprimento dos requisitos acústicos esixidos.
  • Documentación xustificativa do cumprimento da normativa reguladora de infraestruturas comúns de telecomunicacións. Boletín da instalación das ICT. En edificio de mais de 20 vivendas ou de uso non residencial, certificado final de obra expedido por técnico competente e selado pola Xefatura de Inspección de Telecomunicacións.
  • No caso de execución de obras en solo rústico: certificación descritiva e gráfica do Rexistro da Propiedade no que conste o seu titular e extensión da parcela, ou no seu defecto, título de propiedade (documento público) e nota do Rexistro da Propiedade facendo constar que se está a tramita-la inmatriculación do predio.
  • Copia do certificado emitido ola OCA correspondente, para aparcamentos de máis de 20 prazas.

RECORDASE A PROHIBICIÓN DA OCUPACIÓN DA EDIFICACIÓN SEN TER OBTIDO A LICENZA DE PRIMEIRA OCUPACIÓN.

Nome: Licenza de primeira ocupación de edificios.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento:
A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Xunta de Goberno Local.

Carácter silencio administrativo:
Silencio positivo.

Prazo de execución:
3 meses.

Recurso aplicable:  Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.