Sede electrónica Concello de Pontedeume

13:39:08 Venres 28 de xaneiro 2022
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa para a colocación de rótulos e carteis

Queda suxeita ao réxime de comunicación previa a colocación de rótulos e carteis. O promotor comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do Concello.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Comunicación Previa para a colocación de rótulos e carteis.
  • No caso de actuar en representación, documento de autorización (modelo).
  • Descrición suficiente das características do acto de que se trate cun esbozo ou descrición gráfica.
  • No seu caso, proxecto técnico esixible legalmente e declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus extremos coa ordenación urbanística de aplicación.
  • Orzamento detallado.
  • Copia das restantes autorizacións e, no seu caso, concesións administrativas cando fosen legalmente esixibles ao solicitante, ou acreditación de haberse solicitado o seu outorgamento.
  • Xustificante bancario do pago da autoliquidación tributaria correspondente.

O pago dos ditos tributos non implica o recoñecemento da adecuación á normativa urbanística da obra que se pretende executar. O ingreso deberá efectuarse en calquera dos números de conta das entidades financeiras que a continuación se detallan, facendo constar os conceptos: TAXA COMUNICACIÓN PREVIA DE OBRA E DESCRICIÓN DA OBRA E LUGAR ONDE SE REALIZA:

Liquidación provisional da taxa regulada na Ordenanza fiscal nº 16: 6,01 euros por m2 de cartel, no suposto de carteis de propaganda colocados en forma visible dende a vía pública.

Nº CONTA:
ABANCA -ES55 2080 0201 9031 1000 0076
SABADELL -ES60 0081 2248 1300 0100 2008
CAIXABANK -ES08 2100 5486 5702 0002 9989 

Nome: Solicitude de licenza para colocación de rótulos e carteis.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.