Sede electrónica Concello de Pontedeume

21:33:46 Domingo 22 de maio 2022
Estás en:

Detalle trámite

Comunicación previa de cambio na actividade

A Comunicación Previa de Cambio na Actividade deberá presentarse nos casos de cambio de titularidade, dando lugar á transferencia de responsabilidades do anterior ao novo titular e nos casos en que se produza calquera cambio relativo ás condicións ou ás características da actividade ou do establecemento que non afecten a seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento.

Se a actividade non conta con licenza, ou non foi previamente comunicada ao Concello, así como cando co traspaso do negocio se modifica a actividade ou se levan a cabo obras no establecemento, deberanse presentar as comunicacións ou solicitudes de licenza que sexan preceptivas.

  • Comunicación Previa de Cambio na Actividade.
  • No caso de actuar en representación, documento de autorización (modelo).
  • Conformidade do titular da actividade anterior ao cambio de titularidade (conformidade expresa ou presunta por extinción do contrato arrendamento debidamente acreditado).
  • Declaración de que a actividade non cesou por un período superior a un ano; de que non se realizaron obras substanciais no local nin calquera cambio que afecte á seguridade, salubridade ou perigosidade do establecemento; e de que cumpre todos os requisitos esixidos pola actual normativa para o exercicio da actividade.
  • No caso de realizar obras, achegarase comunicación previa de obra/ solicitude de licencia de obra (segundo proceda).
  • De ser o caso, documento público ou privado que acredite a transmisión “inter vivos” ou “mortis causa”, ben da propia licenza ou comunicación previa, ou ben da propiedade ou posesión do inmoble, onde queda acreditado a transmisión da licenza ou comunicación previa, de ser o caso.
  • Título ou autorización de ocupación do local ou espazo destinado ao desenvolvemento da actividade (escritura compravenda, contrato arrendamento, etc..).
  • Copia de póliza de seguro de responsabilidade civil obrigatorio, e recibo de pago das primas do período en curso. No caso de actividade recreativas estarase o disposto na normativa de aplicación en canto aos capitais mínimos.
  • Xustificante bancario do pago da autoliquidación tributaria correspondente.

O pago dos ditos tributos non implica o recoñecemento da adecuación á normativa urbanística da actuación. O ingreso deberá efectuarse en calquera dos números de conta das entidades financeiras que a continuación se detallan, facendo constar o concepto: TAXA COMUNICACIÓN PREVIA DE CAMBIO DE TITULARIDADE DE ACTIVIDADE E DESCRICIÓN DA MESMA E LUGAR ONDE SE REALIZA:

  • Autoliquidación provisional da taxa regulada na Ordenanza fiscal nº 19 (BOP nº 75 de 20 de abril de 2012):
    • Cambio de titularidade dunha actividade non desenrolada nun establecemento concreto pero para a cal requiran dunha instalación. Non se entenden incluídas no feito impoñible desta taxa, as actividades de venda ambulante ou as actividades temporais: 590,00 euros.
    • Cambio de titularidade de establecementos sometidos a autorización ambiental integrada: 625,00 euros.
    • Cambio de titularidade de establecementos sometidos a comunicación previa ou declaración responsable: 

Nº CONTA:

ABANCA -ES55 2080 0201 9031 1000 0076

SABADELL -ES60 0081 2248 1300 0100 2008

CAIXABANK -ES08 2100 5486 5702 0002 9989

Superficie

Taxa (euros)

0-100m2

220,00

101-200m2

290,00

201-500m2

600,00

501-1.000m2

770,00

A partir de 1.000m2

1.080,00

 

Nome: Comunicación Previa de Cambio na Actividade.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Carácter do silencio administrativo: Silencio positivo.

Taxas/Impostos: Consultar ordenanzas fiscais do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.