Sede electrónica Concello de Pontedeume

18:33:04 Martes 3 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude do servizo de axuda a domicilio

O procedemento "servizo de axuda a domicilio" pretende xestionar a demanda dun conxunto de atencións, dende unha perspectiva integral e nomalizadora, de toda a poboación do municipio, na casa, naquelas situacións en que a autonomía persoal se vexa limitada, ou naqueles casos de desintegración familiar. En xeral, persegue xestionar o servizo de axuda a domicilio proporcionado polo Concello.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de servizo de axuda a domicilio.
  • Informe de saúde. Informe médico dos servizos de saúde, onde se detallen as doenzas que causan a situación de dependencia.
  • Xustificante de ingresos de todas as persoas que forman a unidade de convivencia.
  • Certificado de bens. Relación de todos os bens de natureza rústica e/ou urbana a nome da persoa interesada.
  • Xustificantes bancarios dos rendementos de capital mobiliario das persoas que conforman a unidade de convivencia.
  • Declaración da renda ou certificado de non ter obriga de realizala. Copia da última declaración da renda ou do certificado acreditativo de non ter que realizar a dita declaración.
  • Certificado do grao e nivel de dependencia (acceso persoas valoradas dependentes). Certificado do grao e nivel de dependencia recoñecido segundo o baremo do Real decreto 1971/1999, do 23 de decembro.
  • Resolución do PIA (acceso persoas valoradas dependentes). Resolución do PIA (Programa individual de atención) onde se fixe o SAF municipal como recurso idóneo.

Nome: Solicitude do servizo de axuda a domicilio.

Unidade tramitadora:
Servizos Sociais.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Prazo de resolución: 6 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/Impostos:
Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención:
Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.