Sede electrónica Concello de Pontedeume

10:31:50 Sábado 23 de novembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Licenza de vaos

O procedemento de "solicitude de licenza de vaos" ten como obxecto establecer os requisitos e o procedemento para o outorgamento da licenza de reserva de espazo para a entrada e saída de vehículos solicitada por aquelas persoas propietarias e/ou posuidoras lexítimas dos inmobles ás que se lles deba permitir o acceso, así como quen promove ou contrata nos supostos de obra.

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se a persoa interesada non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

  • Solicitude de licenza de vaos.
  • No caso de actuar en representación, documento de autorización (modelo).
  • Plano de situación a escala 1:2.000 da cartografía municipal.
  • Plano da fachada do inmoble con anotacións expresas da entrada solicitada a escala 1:50.
  • Plano de planta e número de prazas existentes por planta.
  • Fotografía da fachada do inmoble.
  • Segundo o caso concreto deberá anexar un destes documentos:
    • Licenza de obras e primeira ocupación (ou documento análogo).
    • Título habilitante do local para actividade de garaxe (licencia ou comunicación previa).
    • Título habilitante do local para outra actividade (licencia ou comunicación previa).
    • a) Cando nela consta expresamente zona de aparcadoiro.
    • b) Cando, aínda que non conste expresamente, se outorgue para o desenvolvemento de actividade de taller de reparación de vehículos, de venda ou aluguer ou exposición de vehículos, lavado e engraxe de vehículos, inspección de vehículos, estacións de servizo ou outras similares que precisen o acceso de vehículos ao interior do inmoble para o desenvolvemento normal da súa actividade, tales como centros hospitalarios, ambulancias, centros de peritación de danos, etc.
  • Unha vez presentada e autorizada a documentación esixida, remitirase ao interesado a liquidación das taxas que correspondan.

Taxa:

a) Por cada entrada de vehículo a un edificio ou acceso ao mesmo para un só vehículo: 15,33€ anual/metro lineal.

A taxa incrementarase nun 20% por cada novo vehículo segundo a capacidade do garaxe.

b) Por cada requeiro na beirarrúa: 38,32€ anual/metro lineal.

A taxa incrementarase nun 20% por cada novo vehículo segundo a capacidade do garaxe, de conformidade coa taza do apartado a).

c) Por cada reserva de vía pública para aparcamento exclusivo, carga e descarga: 15,33€ anual/metro lineal.

 

Nome: Solicitude de licenza de vaos.

Unidade tramitadora: Urbanismo.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado:
Persoa física ou xurídica.

Órgano de resolución:
Alcaldía.

Carácter silencio administrativo:
Silencio negativo.

Prazo de resolución:
3 meses.

Recurso aplicable:
Potestativo de reposición / Contencioso - administrativo.

Taxas/impostos: Consultar a ordenanza fiscal do apartado de normativa.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                    Presencial.